Un accidente de tráfico en Dumbría deixa unha persoa ferida e atrapada no seu vehículo

Os servizos de emerxencia tiveron que excarcerar a un dos implicados tras unha colisión na AC-552.

Imaxe xenérica de luces de emerxencia nunha estrada durante a noite.
IA

Imaxe xenérica de luces de emerxencia nunha estrada durante a noite.

Unha colisión entre dous vehículos rexistrada esta mañá no quilómetro 83 da estrada AC-552, ao seu paso por Bustelo, en Dumbría, saldouse cunha persoa ferida que requiriu asistencia médica.

O suceso tivo lugar arredor das 7.00 horas. Segundo o aviso recibido polo 112 Galicia, un dos ocupantes dos turismos puido abandonar o habitáculo polos seus propios medios a través da ventá, mentres que o outro condutor quedou retido no interior do coche tras o impacto.
Ata o lugar do sinistro desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Cee, que levaron a cabo as tarefas de excarceración para liberar á persoa atrapada. Tamén participaron no operativo profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Gardua Civil de Tráfico, membros de Protección Civil de Dumbría e equipos de mantemento da vía.
Unha vez liberada, a persoa ferida foi trasladada en ambulancia ata o Hospital Virxe da Xunqueira para recibir atención sanitaria especializada.