O suceso tivo lugar arredor das 7.00 horas. Segundo o aviso recibido polo 112 Galicia, un dos ocupantes dos turismos puido abandonar o habitáculo polos seus propios medios a través da ventá, mentres que o outro condutor quedou retido no interior do coche tras o impacto.
Ata o lugar do sinistro desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Cee, que levaron a cabo as tarefas de excarceración para liberar á persoa atrapada. Tamén participaron no operativo profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Gardua Civil de Tráfico, membros de Protección Civil de Dumbría e equipos de mantemento da vía.
Unha vez liberada, a persoa ferida foi trasladada en ambulancia ata o Hospital Virxe da Xunqueira para recibir atención sanitaria especializada.




