Triböca reabre este verán en Porto do Cabo, unha pequena aldea de Valdoviño situada moi preto de Cedeira e da praia de Pantín.
Detrás de Triböca está Rubén Fernández, responsable da proposta gastronómica e do deseño do espazo. O proxecto naceu coa idea de ofrecer algo diferente na zona: unha carta curta, pratos para compartir e un lugar coidado ata o último detalle, pero sen perder a sinxeleza.
“"A comida está no centro, pero o que de verdade nos move é todo o que pasa ao redor."
Triböca abre para cear entre semana e para xantar os fins de semana en xullo, con horario ampliado —máis mediodías e noites— en agosto. Pola súa situación, é unha opción para quen buscan onde xantar ou cear por Cedeira, Valdoviño ou Pantín.
Tamén é unha parada cómoda para quen pasan o día nas praias da zona, fan surf en Pantín ou percorren a costa entre Cedeira e Valdoviño.
O espazo está ao aire libre, baixo unha carpa e rodeado de vexetación. A idea é que a xente poida vir sen présa, compartir varios pratos e gozar da contorna.
“"Queremos que a xente veña a comer ben, estea cómoda e goce do sitio sen présas, explica Rubén Fernández."
Ao haber un número limitado de mesas baixo a carpa, é recomendable reservar con antelación, sobre todo as fins de semana e as noites de verán. Aínda así, sempre se garda algunha mesa sen reservar para quen se presenta sen avisar.
Os horarios, a carta e as reservas pódense consultar na web de Triböca ou nas súas redes sociais.
Hai aparcamento gratuíto preto do local.




