A proba, organizada pola Concellería de Deportes, tivo no paseo da lagoa e praia da Frouxeira o seu escenario principal. A competición bateu récords de participación, duplicando os rexistros da última edición. Irene García Nebril e Ariel Soto Meizoso foron os vencedores da proba absoluta.
A carreira contou con categorías para todas as idades, dende os máis pequenos (biberóns) ata os veteráns. Todos os participantes recibiron unha medalla. A organización agradeceu o apoio da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil e da Policía Local para garantir a seguridade do evento.
Os primeiros clasificados nas diferentes categorías foron: Absoluta: Irene García Nebril (1ª), Sara Romero Galdo (2ª) e Laura Alonso Cortabitarte (3ª); Ariel Soto Meizoso (1º), Martín Otero Villadónica (2º) e Pablo Pedrosa Paz (3º). Nas categorías de base destacaron nomes como Jimena Cal Méndez e Adrián Alarcón Pose (Benxamín), Alba Jiménez Vílchez e Dylan Alarcón Pose (Alevín), Maia Pardo Barreto e Iván Gómez Caneiro (Infantil), Irene García Nebril e Martín Otero Villadóniga (Cadete), Sara Romero Galdo e Ariel Soto Meizoso (Xuvenil), Lúa Figueroa Lago e Hugo Teijeiro Sevilla (Junior-Promesa), Laura Alonso Cortabitarte e Pablo Pedrosa Paz (Senior), Tamara Fernández García e Borja Pico Feal (Veteráns 1), Rocío Barro Casal e Roberto Martínez Castro (Veteráns 2), Rebeca Soto Viñas e Javier Tuimil Calvo (Veteráns 3), e Miguel Ángel Varela López (Veteráns 4).




