O microbús das Palabras Situadas percorreu as parroquias de Vilaboa, Loira e Vilarrube, en Valdoviño, o pasado sábado. As paradas incluíron lugares como os da Vilaxe, A Maravilla, o cemiterio de Vilaboa ou o monte de San Alberte, onde se deron lectura a textos de memoria histórica democrática ambientados no propio municipio.
Estas historias noveladas, baseadas na realidade dos diferentes espazos, achegaron a memoria histórica aos veciños e veciñas. O itinerario concluíu en Porto do Cabo cunha última lectura.
“"A última lectura estivo precedida da sempre fantástica actuación musical do Dúo Maio, integrado por Lorena Hermida e Jorge Casas."
O proxecto, organizado polo Concello de Valdoviño, contou co financiamento da Deputación da Coruña e tivo todas as prazas cubertas.




