Os establecementos colaboradores, como SERMUGA, KIOSKO LOLI, GLOBECIENTOS e AS LENDAS DO GATO, deberán presentar as facturas xunto cos vales canxeados entre o 9 e o 20 de novembro de 2026.
As persoas beneficiarias de VALE para segundo ciclo de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria ou bacharelato deberán acudir ao departamento de Benestar Social do Concello ata o mércores 4 de novembro de 2026. Deberán presentar o DNI da persoa solicitante ou unha autorización por escrito xunto co DNI de ambos se non pode acudir a persoa titular.
Para os casos de formación profesional (básica, media e superior), graos universitarios e máster, as axudas serán ingresadas na conta designada. A xustificación requirida é a presentación de facturas que certifiquen que a axuda se investiu no fin concedido. O prazo para presentar estas facturas será do 9 de novembro de 2026 ata o 11 de decembro de 2026.




