A polémica xorde tras a recente presentación do plan por parte da dirección da compañía, que se centrou exclusivamente en potenciar as conexións entre A Coruña, Santiago e Vigo, sen facer mención ás necesidades da rede ferroviaria da zona de Ferrol.
Dende o colectivo cidadán, aínda que apoian as decisións que reforzan o servizo ferroviario como transporte público, consideran incomprensible a falta de referencia ás "necesarias e impostergables melloras" que precisan as conexións actuais dende Ferrol-A Coruña e Ferrol-Ribadeo. Ademais, subliñan que a conexión co Corredor Atlántico segue a ser unha demanda fundamental para a área.
“"Non entendemos que non se fixera referencia algunha ás necesarias e impostergables melloras."
Por este motivo, o foro esixe que o Plan Galicia incorpore as propostas que xa trasladaron á xerencia de Renfe na comunidade. Estas reclamacións céntranse no aumento de frecuencias e na adaptación de horarios nas liñas que teñen Ferrol como orixe ou destino, medidas que consideran urxentes e que xa están concretadas nunha proposta para "debater e decidir canto antes".
Finalmente, o Foro Cidadán polo Ferrocarril fixo un chamamento a todas as institucións, forzas políticas e sociais das comarcas para que se sumen á súa reivindicación. Solicitan que se dirixan formalmente á presidencia de Renfe para trasladar esta demanda, cunha mención especial a aquelas formacións que apoian o Goberno Central, coa esperanza de que a súa intervención contribúa a alcanzar solucións eficaces.




