Tras o inicio do derribo da muralla na zona de Esteiro, unha nova fase do proxecto ‘Abrir Ferrol ao Mar’ avanza na apertura visual do Arsenal á cidadanía. A instalación da verxa e a retirada da malla que impedía a visión xa mostran a imaxe final que poderán apreciar os peóns unha vez conclúan os traballos.
Un dos elementos que agora se descobre é o Dique de La Campana, unha obra hidráulica considerada a de maior envergadura de España na súa época (1874-1879), que ata agora só era visible en visitas turísticas. Ademais, fanse visibles edificacións interiores, muelles e a histórica locomotora de vapor do século XIX, restaurada o ano pasado.
Mentres tanto, continúan os traballos de adecuación paralelos, como a preparación do carril bici e a zona peonil, que funcionarán como miradoiro ao Ferrol antes oculto pola muralla.




