O suceso tivo lugar ás 10.43 horas cando un particular alertou ao 112 Galicia, informando de que unha persoa se atopaba ferida no pavimento. O aviso incluía a solicitude de asistencia para unha muller que presentaba diversas lesións a causa do atropelo.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local de Narón e un equipo de urxencias sanitarias. Os servizos médicos desprazados ao punto estabilizaron á muller e realizaron as primeiras curas no lugar do incidente.




