O encontro tivo como obxectivo principal que a Administración autonómica coñeza de primeira man os proxectos e actividades que desenvolve esta entidade no municipio de Valdoviño. Durante a xuntanza, ambas as partes exploraron posibles fórmulas de cooperación para apoiar o labor cultural que realiza o colectivo na zona.
Esta reunión enmárcase na rolda de contactos que a delegación territorial está a realizar co tecido asociativo da comarca de Ferrol. O propósito destas visitas é escoitar as demandas e necesidades das asociacións en relación coa xestión da Xunta, facilitando así unha interlocución directa entre a cidadanía e o Goberno galego.




