A ferrolá Lidia India foi recoñecida na categoría de 'Músicas do Mundo e Mestizaxe' polo seu traballo. A banda Keepers, tamén procedente da cidade naval, obtivo o seu galardón na modalidade de 'Metal e Heavy'.
Ademais, Galicia en Concerto, a plataforma de difusión musical impulsada polo naronés Rubén Porca, recibiu un dos Premios Organistrum na área de 'Comunicación e Difusión Musical', recoñecendo a súa labor na promoción de artistas galegos.
Estes recoñecementos poñen de manifesto o talento e a diversidade musical presente na comarca de Ferrolterra, consolidando a súa importancia no panorama musical galego.




