A iniciativa, que xa cumpre a súa décima edición, busca facilitar o retorno e a continuidade dos estudos de posgrao en Galicia para a mocidade galega residente no exterior. Neste curso 2026-2027, preto de 250 persoas en toda Galicia foron beneficiarias destas bolsas, a maioría procedentes de América Latina, como é o caso destes dous alumnos que chegan dende Cuba.
Aneiros destacou o programa como unha oportunidade non só formativa, senón tamén de intercambio cultural e de volta ás raíces. Desexoulles unha boa estadía na cidade e éxito nos seus mestrados: Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade e Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns.
“"Algo máis que unha oportunidade formativa, un intercambio cultural e volta ás raíces."
As bolsas BEME, xestionadas pola Secretaría Xeral da Emigración, contan cunha dotación económica que oscila entre os 8.000 e os 12.500 euros, cubrindo gastos de matrícula, desprazamento, aloxamento e manutención.
Esta acción enmárcase na Estratexia Galicia Retorna, que implementa máis de cen medidas para facilitar a integración das persoas retornadas, incluíndo oficinas de atención física e móbil, e apoio a través das delegacións no exterior.




