A iniciativa, que se materializou este venres coa constitución e as primeiras sesións de traballo destes órganos, busca mellorar a calidade de vida das persoas que desenvolven a súa actividade profesional na contorna portuaria.
Os encontros, que tiveron lugar nas instalacións da Autoridade Portuaria de Ferrol, serviron para establecer as bases das futuras liñas de acción. Segundo informou a Consellería, a posta en marcha destes comités favorecerá unha maior coordinación entre as administracións públicas, entidades sociais e organismos vinculados ao sector.
“"Permiten dar resposta ás necesidades reais da xente do mar e avanzar cara a un modelo portuario máis humano, seguro e sostible."
Estes comités configúranse como foros de participación nos que están representados os diversos axentes do ámbito portuario. A súa función principal será a de promover servizos de apoio, acompañamento e mellora tanto das condicións de traballo como da estancia dos profesionais que operan diariamente nas dársenas galegas.




