Durante o encontro, promovido pola Concellaría de Cultura, a autora compartiu co público infantil o proceso de creación da historia, achegando as claves dos seus personaxes animais e transmitindo valores como a amizade, o respecto ás diferenzas e a axuda mutua.
A iniciativa busca dinamizar o espazo bibliotecario e espertar o gusto pola lectura dende idades temperás nun ambiente acolledor e participativo.
Moitas grazas a Teresa Cal Baudot e a todas as persoas que vos achegastes á Biblioteca de Ares por esta xornada de contos e imaxinación!
A obra, publicada polo selo Apuleyo Ediciones e con ilustracións de Daniel Estandía, céntrase en dous entrañables personaxes animais.




