A través dunha ruleta de xogo e dinámicas visuais, os nenos aprenderon a identificar onde vai cada residuo, recoñecendo os distintos colectores e a importancia de separar correctamente para darlles unha nova vida aos materiais. Cada participante recibiu como agasallo unha camiseta conmemorativa co lema «Mola que sepAres».
Esta iniciativa enmárcase na campaña impulsada pola Xunta de Galicia con apoio dos fondos da Unión Europea, que busca fomentar a recollida selectiva e a sustentabilidade en toda a comunidade.
O Concello agradeceu a complicidade e o entusiasmo do centro escolar e do seu profesorado, destacando que aprender xogando é o mellor camiño para construír un Ares máis sostible e comprometido co futuro.




