Os participantes, equipados con lanternas, bolsas e disfraces, mergulláronse nunha emocionante busca de pistas por toda a biblioteca. Ao longo da xornada, foron resolvendo enigmas escondidos entre os andeis e libros para atopar a súa recompensa de chocolatinas e lambetadas.
Esta iniciativa busca achegar a tradición do Samaín dunha forma lúdica e máxico-terrorífica, combinando a diversión coa cultura.
A programación da biblioteca continúa este luns, 2 de novembro, co contacontos gratuíto Tarecos e castaña do alén, dirixido ao público infantil e familiar. Ademais, mantense a Mesa de Medo, con historias de terror para levar en préstamo.




