As gravacións comezarán o martes 3 de novembro na Avenida General Gadeiras, Praza da Igrexa e Praza Domingo Troche. Entre as 08:00 e as 18:00 horas (aproximadamente) haberá restricións de estacionamento e cortes puntuais que afectarán a vehículos e peóns na zona de gravación.
Pola tarde do mesmo día, de 17:00 a 23:00 horas, os cortes afectarán ao Paseo Marítimo na zona comprendida entre a Rampla Grande e a Avenida Saavera Meneses 40, incluíndo o areal desa área.
A partir do 4 de novembro, a rodaxe trasladarase ao núcleo de Redes. Alí, as ocupacións e cortes de tráfico afectarán á Praza do Pedregal, Praza do Emigrante, A Tenencia, o aparcamento público de non residentes e o areal de Area Morta. Os días exactos de rodaxe nestas localizacións dependerán das condicións climatolóxicas.
O Concello de Ares agradece de antemán a comprensión e colaboración da cidadanía durante o desenvolvemento destas xornadas de rodaxe.




