Ás portas da Casa Consistorial tivo lugar a lectura do manifesto conmemorativo do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama, un acto institucional e reivindicativo que puxo o foco nas necesidades reais das pacientes e das súas familias.
Durante a intervención incidiuse na importancia vital de continuar reforzando o investimento en investigación oncolóxica, a prevención continuada e o acceso a programas de cribado e detección precoz como ferramentas clave e indispensables para salvar vidas.
Este acto completou os actos de sensibilización impulsados pola Xunta Local da AECC, xunto co Concello de Ares e a Asociación Sereas das Mirandas, reafirmando o compromiso municipal na loita contra a enfermidade.




