O Concello de Ares impulsou durante o ano 2026 o proxecto «Promoción e mellora do sistema de xestión de biorresiduos de competencia municipal do Concello de Ares 2026». A iniciativa busca mellorar a recollida selectiva da materia orgánica, promover hábitos de consumo responsables e avanzar cara a un modelo de xestión de residuos máis sostible.
Esta actuación enmárcase na Liña 1 das axudas para incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, convocadas pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.
O programa incluíu 36 accións informativas porta a porta dirixidas a hostalaría e grandes produtores, 4 obradoiros sobre desperdicio alimentario, 10 accións educativas en centros escolares, a distribución de 500 camisetas e a edición de 1.000 dípticos informativos.
Con esta iniciativa, o Concello de Ares reafirma o seu compromiso coa protección ambiental e a mellora dos servizos municipais de recollida selectiva, buscando incrementar a participación cidadá e a calidade dos biorresiduos recollidos.
O proxecto conta cunha axuda concedida de 12.502,88 euros, financiada pola Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa Galicia FEDER 2021-2027.




