O sábado, 1.170 aspirantes realizarán as probas de acceso ás categorías de médico xeral da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), farmacéutico de atención primaria, odontólogo de atención primaria, técnico en xestión de sistemas e tecnoloxías da información e calefactor. En concreto, haberá 34 aspirantes para médico xeral de ADOS (6 prazas), 655 para farmacéutico (31 prazas), 196 para odontólogo (8 prazas), 104 para técnico en xestión de sistemas (9 prazas) e 181 para calefactor (7 prazas).
Pola tarde do sábado, a partir das 16,00 horas, terán lugar as probas de acceso á categoría de celador, ás que están convocadas 7.800 persoas, correspondentes á quenda xeral e á de discapacidade intelectual. O Sergas oferta nesta categoría un total de 348 prazas.
A xornada do domingo 15 de novembro concluirá esta quenda de probas selectivas. Desde as 09,30 horas, o recinto acollerá os exames das categorías de médico asistencial do 061, terapeuta ocupacional, dietista-nutricionista e electricista. En total, están convocados 1.202 aspirantes: 139 para médico asistencial do 061 (8 prazas), 273 para terapeuta ocupacional (11 prazas), 363 para dietista-nutricionista (45 prazas) e 427 para electricista (11 prazas).
Durante este outono, o departamento sanitario da Xunta organiza probas para acceder a un total de 2.223 prazas do sistema sanitario público galego.




