Alumnos e alumnas do CEIP Ramón de Valenzuela foron os primeiros en gozar das novas instalacións, que foron inauguradas polo presidente da Deputación de Pontevedra, xunto á alcaldesa de Silleda e membros da Corporación municipal. A actuación, enmarcada no Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, foi moi ben acollida pola comunidade educativa e a veciñanza.
“"Somos a provincia do deporte e Silleda é unha referencia."
A rexedora local destacou a importancia desta mellora para o deporte do municipio e anunciou que nos vindeiros días comezarán tamén as obras de remodelación da piscina municipal da Bandeira, situada xunto ao pavillón. Estas obras centraranse na mellora dos vestiarios e da zona de servizos.
A reforma do pavillón incluíu a renovación completa da pista deportiva, a substitución de elementos como bancos e redes, a reposición das luminarias por outras máis eficientes, a reforma integral dos vestiarios e a mellora da accesibilidade ao recinto. A inauguración contou coa presenza de nenos e nenas, que cortaron a cinta e gozaron de globos no interior das instalacións.




