A quenda vespertina contou coa participación de 2.131 opositores, dos 2.574 que resultaron admitidos nas categorías de fisioterapeuta, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, fontaneiro e técnico especialista en sistemas e tecnoloxías da información.
Desglosado por categorías, acudiron 719 de 870 aspirantes a fisioterapeuta (82,6%), 1.190 de 1.407 a técnico superior en imaxe para o diagnóstico (84,6%), 124 de 156 a fontaneiro (79,5%), e 98 de 141 a técnico especialista en sistemas e tecnoloxías da información (69,5%).
A Xunta oferta nesta convocatoria 27 prazas de fisioterapeuta, 67 de técnico superior en imaxe para o diagnóstico, 8 de fontaneiro e 5 de técnico especialista en sistemas e tecnoloxías da información.
Pola mañá, os exames para técnico de farmacia, logopedista e condutor rexistraron unha participación do 78,79%, con 1.545 opositores de 1.961 inscritos. En concreto, 1.007 de 1.273 para técnico de farmacia (79,1%), 200 de 219 para logopedista (91,3%) e 338 de 469 para condutor (72%).
Este domingo completaranse as probas coas categorías de técnico en coidados auxiliares de enfermería e técnico de farmacia (quenda de discapacidade intelectual). Resultaron admitidos 9.561 aspirantes, 9.555 para coidados auxiliares de enfermería (con 1.306 prazas) e 6 para técnico de farmacia.
Entre outubro e novembro, o Servizo Galego de Saúde oferta un total de 2.223 prazas distribuídas en 22 categorías.




