O outono chega a Rodeiro cunha das citas gastronómicas máis agardadas: unha nova edición do RODEIRO DE TAPAS – SABOR DE OUTONO 2026. Esta iniciativa, impulsada polo Concello de Rodeiro, busca promocionar a gastronomía local, dinamizar a hostalaría e destacar a calidade e variedade das propostas dos establecementos do municipio.
Durante seis xornadas, os días 13, 14, 15, 20, 21 e 22 de novembro, veciños e visitantes poderán percorrer Rodeiro a través dos seus sabores, descubrir diferentes propostas culinarias e gozar dunha experiencia gastronómica completa.
Esta iniciativa tamén representa unha oportunidade para apoiar o comercio e a hostalaría local, recoñecer o traballo dos profesionais do sector e contribuír á dinamización da vida social e económica do concello.
O Concello de Rodeiro anima a toda a veciñanza e ás persoas que visiten o municipio a participar, saír á rúa e achegarse aos establecementos participantes para gozar dunha proposta que combina gastronomía, convivencia e promoción do territorio.




