A delegación de Lalín, composta por representantes municipais e cociñeiros, foi acollida no Consulado Xeral de España en Manhattan, nun acto que serviu como peche institucional da súa viaxe. Durante o encontro, a cónsul xeral, Marta de Blas, expresou o seu agradecemento pola labor realizada na promoción da Feira do Cocido de Lalín.
Na reunión tamén estivo presente Pedro Calvo-Sotelo, agregado cultural, onde se analizaron os pormenores da expedición e a situación da comunidade galega residente na cidade. Este encontro subliñou os fortes lazos que unen aos galegos na Gran Mazá coa súa terra de orixe.
A estadía de Lalín en Nova York estendeuse durante unha semana, enfocándose en tres eixes principais: a gastronomía, coa celebración dun exitoso Cocido de Lalín na Casa de Galicia; a cultura, coa inauguración dunha exposición do escultor galego Manuel Paz; e a promoción directa nas rúas da cidade.
A campaña de promoción a pé de rúa contou coa participación de Don Cocho, un personaxe interpretado polo actor Luchi Iglesias, quen se converteu no embaixador máis visible da Feira do Cocido, achegando a tradición lalinense aos cidadáns neoiorquinos.




