O departamento autonómico informou que o lume, orixinado na parroquia de Carboentes, está extinguido dende as 08.11 horas deste mércores. As lapas afectaron unha superficie total de 18,8 hectáreas, das cales 12,2 eran de monte arborado e as 6,6 restantes de monte raso.
Para a extinción deste incendio mobilizáronse, de forma acumulada, un total de tres técnicos, 24 axentes, 38 brigadas, 39 motobombas, unha pa, tres helicópteros e catro avións.
Ademais, este martes tamén se deu por extinguido outro incendio que permanecía activo en Rodeiro dende o sábado, orixinado na parroquia de Arnego, e que queimou 25,72 hectáreas.




