O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, confirmou a aprobación dunha nova axuda de preto de 240.000 € para o Concello de Vila de Cruces. Estes fondos, enmarcados no Plan +Provincia 2026-2027, permitirán realizar case unha decena de actuacións destinadas á mellora da capa de rodadura de camiños de titularidade municipal.
Os traballos incluirán a limpeza das cunetas e da plataforma dos camiños, o bacheo e a construción de firmes con mestura bituminosa. Tamén se pavimentarán os sobreanchos e os entronques existentes. As actuacións afectarán aos camiños dos Camanceiros (Camanzo), Pinlle (Brandariz), Guieral-Pinlle (Camanzo e Brandariz), Combarro (Piloño), Cerdeiriñas (Piloño), O Abollo (Carbia), A Pena (Carbia, incluíndo a explanada do local social e un ramal), Cobas (Carbia) e Barrio (Toiriz).
“"Avanzamos no reparto dos 85 millóns de € cos que conta este plan, que é unha peza vital para que a nosa provincia siga mellorando e se poidan prestar servizos públicos de calidade."
O presidente Luis López tamén lembrou que os concellos teñen "total autonomía para facer realidade as súas prioridades", destacando a importancia do plan para a mellora continua da provincia e a prestación de servizos públicos de calidade.




