O espectáculo terá lugar na Praza do Concello ás 20:30 horas, como parte das Festas da Piedade. Esta iniciativa provincial busca colaborar cos concellos na súa programación cultural e difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas.
Artística e a Banda dos 80 está composta por músicos profesionais licenciados en música clásica e Jazz. A formación ofrecerá un repertorio con arranxos e pezas orixinais de Serxio Lafasil e Adrián Saavedra, que os levará por Europa, con actuacións xa realizadas no Amsterdam PPP Hall e o Museo Speelklok, en Utrecht (Países Baixos).
Esta actuación é unha das 93 financiadas polo programa +Música, que se celebra entre maio e decembro en 58 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. O programa conta cun orzamento de 700.000 euros, co que a Deputación aboa os custos de caché e impulsa a reputación de Pontevedra como destino cultural.
A través desta iniciativa, a Deputación aposta pola descentralización da cultura e pola programación de actos de calidade por toda a xeografía provincial.




