Un incendio forestal na parroquia de Arnego, en Rodeiro (Pontevedra), rexistrado hoxe ás 15,59 horas, supera as 20 hectáreas afectadas. Para a súa extinción mobilizáronse 8 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.
Outro lume, tamén activo desde as 16,03 horas na parroquia de Carboentes, no mesmo concello de Rodeiro, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Neste operativo participan 2 técnicos, 7 axentes, 7 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 4 avións.
Na provincia de Ourense, o incendio forestal na parroquia de Garabelos do Bouzo, en Baltar, activo desde as 12,21 horas, afecta xa a unha superficie de 95 hectáreas. Mobilizáronse 3 técnicos, 7 axentes, 14 brigadas, 8 motobombas, 3 pas, 1 unidade técnica de apoio, 6 helicópteros e 9 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra á cidadanía a importancia de chamar ao número gratuíto 085 en caso de detectar algún lume forestal. Tamén se dispón da aplicación ALume para avisar sobre incendios activos e dun teléfono anónimo (900 815 085) para denunciar actividades delituosas incendiarias. A información actualizada sobre incendios que superan as 20 hectáreas está dispoñible na conta de X: @incendios085.




