O sinistro produciuse na estrada N-540, á altura do quilómetro 66, na parroquia de Santa Baia de Búbal, na Ribeira Sacra lucense. Un dos implicados contactou co 112 Galicia ás 22:15 horas para alertar do accidente e da presenza de persoas atrapadas.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Chantada, a Garda Civil de Tráfico e membros de Protección Civil. Os bombeiros confirmaron a necesidade de excarcerar a un dos ocupantes dun dos turismos.
O persoal sanitario atendeu no punto a dúas persoas feridas, cuxa gravidade non se especifica no parte.




