A expedición indonesia, composta por máis dunha vintena de persoas, atópase na localidade desde o pasado día 11. Durante a súa estancia, o combinado asiático realizou diversas sesións de adestramento e participou en actos de convivencia coa cultura local, incluíndo visitas á Ribeira Sacra e a recepción oficial na Casa da Cultura por parte da corporación municipal.
O encontro deportivo enmárcase na preparación do equipo indonesio para o vindeiro Torneo Seis Nacións que terá lugar en Brasil. Pola súa banda, o Palma Futsal chega a esta cita como un dos conxuntos máis laureados do panorama español, contando no seu palmarés con títulos da UEFA Champions League e da Copa Intercontinental.




