Diego Calvo felicita Enmanuel Reyes pola súa prata europea

O conselleiro de Presidencia reuniuse co boxeador subcampión de Europa e medallista olímpico en París 2024.

Imaxe 1 de 3 asociada á nova

Xunta de Galicia · 2026-10-02

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, Roberto García, reuniuse hoxe en San Caetano con Enmanuel Reyes Pla, boxeador subcampión de Europa.

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, Roberto García, reuniuse hoxe en San Caetano con Enmanuel Reyes Pla, boxeador de orixe cubana e afincado na Coruña.
Enmanuel Reyes Pla proclamouse recentemente subcampión de Europa na categoría de -90 Kg. Durante o encontro, Diego Calvo felicitouno tamén polo ouro conquistado nos últimos Xogos Mediterráneos.
O conselleiro lembrou que Enmanuel Reyes Pla é o único medallista olímpico do boxeo galego, logo de gañar o bronce nos Xogos Olímpicos de París 2024.
Información elaborada a partir da fonte oficial: Xunta de Galicia — Notas de prensa (portal central, cubre todas as consellerías) (02/10/2026)