As obras, financiadas a través dun convenio coa Xunta de Galicia, incluíron o pintado de paredes e teitos nas aulas, corredores, sala de xuntas e despacho de dirección, así como a renovación de falsos teitos na cociña e lavandería, e o arranxo da cheminea.
Tamén se instalaron 230 metros cadrados de tarima flotante vinílica e colocáronse esquinais de espuma e cubricións de columnas para a seguridade do alumnado.
Ademais, modernizáronse os sistemas de calefacción e detección de incendios, e renovouse a alarma antirroubo con novos sensores e cámaras.




