O encontro anual reuniu ás persoas encargadas da coordinación destas aulas, que funcionan no marco do acordo entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Durante a xornada, Damián Rey destacou o papel destes axentes TIC na dinamización das aulas, na identificación de necesidades e no acompañamento á cidadanía para a súa adaptación aos novos modelos de comunicación dixital.
O director da Axencia subliñou que esta adaptación é "imprescindible para as relacións humanas, para o desenvolvemento laboral ou para realizar calquera tipo de contacto ou xestión coas Administracións". Ademais da entrega de premios, os asistentes participaron nunha charla formativa e visitaron os dous laboratorios de ciberseguridade da Xunta situados no Centro GaiasTech da Cidade da Cultura.
“"Esta adaptación é imprescindible para as relacións humanas, para o desenvolvemento laboral ou para realizar calquera tipo de contacto ou xestión coas Administracións."
Na terceira edición dos premios, o primeiro premio na categoría Axente TIC recaeu en Rebeca Crujeiras, da aula de Ribeira, e Vanesa Losada, da aula de Valga. Na categoría Maiores dixitais, recoñeceuse a Víctor Galdo (Cuntis) e Laura Fernández (Celanova). Finalmente, o premio na categoría Espazo maker foi para Rebeca Crujeiras e Vanesa Losada.




