As actuacións, que se prolongarán durante 11 semanas, céntranse na retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais. Tamén se inclúe a roza puntual e a eliminación de especies exóticas invasoras nestes tramos, situados nas parroquias de Bemil, Portas, Arcos da Condesa e Caldas de Reis.
Para levar a cabo estas tarefas, empregaranse ferramentas manuais como motoserras e podadoras, apoiadas por maquinaria pesada como minidumpers, tractores e camións. O obxectivo é mellorar as condicións de circulación das augas, conservar o ecosistema fluvial e previr incidencias derivadas da acumulación de elementos nas canles.
Estas accións forman parte do programa de mantemento do dominio público hidráulico de Galicia-Costa e realízanse en zonas catalogadas de alto risco potencial significativo de inundación (Arpsi). Os traballos céntranse nas áreas fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.




