Os primeiros galardoados con este novo recoñecemento son o director do centro penitenciario de Teixeiro e unha xuíza do tribunal de Primeira Instancia de Betanzos, quen serán homenaxeados polo seu compromiso e traballo nestes eidos.
Aínda que o Concello xa viña realizando homenaxes ao “compromiso cidadán”, esta iniciativa busca visibilizar de forma específica as traxectorias e proxectos que contribúen á igualdade e á loita contra a violencia machista.
“"A excepcional praxe profesional e a sensibilidade especial que consegue minimizar as consecuencias emocionais e o impacto traumático das mulleres e dos seus fillos e fillas durante o proceso xudicial."
A comisión técnica de valoración, encargada de seleccionar os gañadores, está presidida pola concelleira de Igualdade e conta coa participación de técnicos das áreas de Benestar, Igualdade e Deportes.
O acto de entrega dos premios celebrarase o vindeiro sábado, 25 de abril, ás 12.00 horas, no edificio de usos múltiples de Teixeiro, e estará aberto a todos os veciños e veciñas.




