Estas xornadas, que contan coa colaboración do Concello de Betanzos, están especialmente deseñadas para profesionais como arquitectos, paisaxistas e enxeñeiros. O obxectivo principal é proporcionarlles as ferramentas e coñecementos necesarios para deseñar espazos urbanos máis respectuosos coa natureza e evitar erros comúns derivados do descoñecemento.
O biólogo e consultor en arboricultura Josep Selga será o encargado de impartir estas sesións. Desde a organización, subliñan a importancia de entender as necesidades das árbores no contorno urbano, xa que moitas veces non se lles proporciona o espazo adecuado ou se opta por solos compactados que prexudican o seu desenvolvemento.
“"Antes de que unha árbore dea sombra, antes de que forme parte da cidade, xa está loitando por sobrevivir."
Os interesados en participar nestas xornadas poden formalizar a súa inscrición enviando un correo electrónico a brigantium.abolesyjardines@gmail.com ou contactando a través de WhatsApp no número 699 977 379.




