A Consellería de Cultura adxudicou as obras de restauración do templo, que se centrarán na fachada principal e no campanario. A empresa Citanias Obras y Servicios será a encargada de executar os traballos, cun prazo máximo de seis meses e un orzamento de máis de 256.000 euros, que se financiará con cargo ás anualidades de 2026 e 2027.
Segundo fontes autonómicas, o edificio actual data do século XVI. A delegada territorial, Belén do Campo, subliñou o compromiso do Goberno galego co patrimonio cultural e coa identidade dos concellos. A intervención busca resolver problemas de entrada de auga no rosetón e deficiencias de estabilidade na cúpula do campanario.
As actuacións incluirán a substitución da carpintería do rosetón, o desmontaxe e reconstrución da cúpula, o reforzo da base da estrutura, a substitución de pezas de madeira danadas e a colocación dun novo lucernario. Tamén se mellorarán as impermeabilizacións, a ventilación e se reforzarán os contrafuertes para garantir a conservación do inmoble.
Belén do Campo destacou a implicación total do Goberno galego con este concello da comarca brigantina e co seu patrimonio, sinalando que o coidado dos bens en toda Galicia contribúe a poñer en valor a riqueza patrimonial da comunidade. A igrexa de Nosa Señora da Laxe foi un importante centro de peregrinación.




