O concelleiro de Medio Ambiente, Iván Maques, recolleu o premio na gala celebrada en Salceda de Caselas. Maques agradeceu o recoñecemento e destacou o "gran patrimonio natural" do municipio, "un activo que debemos aproveitar e poñer en valor".
Técnicos do programa visitaran o pasado 16 de outubro diversos puntos do municipio para realizar as súas valoracións.
O programa Vilas en Flor está promovido en Galicia pola Fundación Juana de Vega, en colaboración coa Asociación de Viveiristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar). Nesta edición tamén colaborou a Consellería de Medio Ambiente a través do Instituto de Estudos do Territorio.




