A intervención mellorou a iluminación de diferentes núcleos, a maioría deles no rural, e supuxo un avance na modernización do alumeado e na redución do gasto enerxético, ademais de reforzar a seguridade e ter en conta a sustentabilidade.
Os traballos consistiron na substitución das luminarias existentes por outras de tecnoloxía LED, máis eficientes e de luz cálida. Nalgúns puntos instaláronse tamén novos soportes e postes para conseguir unha iluminación máis uniforme, e renovouse o cableado.
As melloras chegaron aos lugares de O Vilar, Brixería, Cencasas, Portoseco, Edreira, Cancela, Maques, Penedo Rendal, Couceiros, Fraga, Remourán, A Ponte, Vila de Castro, Modillos, Pazo de Vilarulo, Piñeiro, Pontevila, Campos, Camiño Real, Casilla-Estremil e Outeiro, en Teixeiro.




