InProtein é unha compañía dedicada á produción de proteínas vexetais a partir de legumes como o garavanzo ou a lentella, así como doutros cultivos como a soia. A súa actividade permite elaborar complementos alimentarios e suplementos vitamínicos mediante unha tecnoloxía pioneira e versátil que se adapta ás necesidades do mercado para maximizar a eficiencia dos procesos produtivos.
A presenza desta empresa na cita internacional supón un impulso para o tecido produtivo do Parque Industrial de Teixeiro e unha mostra do compromiso do Concello coa innovación no sector alimentario. A actividade de InProtein reflicte o dinamismo económico do municipio e a súa capacidade para xerar emprego de calidade.
“"Somos un concello que aposta pola innovación e as empresas dandolles apoio, especialmente aquelas que están á vangarda tecnolóxica, e InProtein é un bo exemplo diso"




