Diego Calvo fixa en Bergantiños o obxectivo do PP: gobernar a Deputación

O presidente provincial do PP anima aos seus representantes a formar "grandes equipos" para acadar a Deputación da Coruña.

Imaxe xenérica de políticos e cidadáns reunidos nunha sala de Galicia.
IA

Imaxe xenérica de políticos e cidadáns reunidos nunha sala de Galicia.

O presidente provincial do PP, Diego Calvo, reuniu alcaldes e voceiros populares da comarca de Bergantiños co obxectivo claro de acadar o goberno da Deputación da Coruña nas próximas eleccións municipais.

O máximo dirixente provincial do Partido Popular, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral na provincia, Evaristo Ben, e polo vicesecretario de Organización e Territorio, Gonzalo Trenor, mantivo un encontro estratéxico cos representantes populares dos municipios de Carballo, Coristanco, Laxe, Malpica, Cabana de Bergantiños, A Laracha e Ponteceso.
Durante a súa intervención, Calvo insistiu na meta marcada polo partido: "Estou seguro de que o imos a conseguir. De que os veciños de toda a provincia saberán valorar o traballo que están a facer os nosos alcaldes, pero tamén o que están a facer os que agora son os nosos voceiros e que o próximo ano serán alcaldes", sinalou, mostrando confianza na vitoria electoral.
O líder provincial tamén destacou a fortaleza do PP na presentación de candidaturas: "O PP dará a coñecer os candidatos nos 93 municipios. Iso non o poden dicir outras formacións. Presentaremos os mellores", afirmou. Subliñou, ademais, a importancia do traballo en conxunto: "Os partidos non os gaña un só xogador, gañan os equipos unidos e que pelexan todos xuntos ata o último minuto", asegurou.