O Concello de Paderne de Allariz é beneficiario dunha subvención destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. A axuda, cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, ascende a 16.902,64 €.
Esta subvención, enmarcada na Orde do 22 de maio de 2026 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (publicada no DOG nº 108 do xoves, 11 de xuño de 2026), destinarase á contratación dunha persoa como auxiliar administrativo nas dependencias municipais.
O obxectivo principal desta contratación é mellorar o servizo prestado á cidadanía.




