A Escola Deportiva Shihan regresou da competición cunha impresionante colleita de 60 medallas: 20 ouros, 16 pratas e 24 bronces. Entre os deportistas que acadaron o máis alto do podio atópanse nomes como Lola Arias, Valeria Rubal, Lua Sanjurjo, Ian Pulido, Diego Lamas, Helena Vilariño, Iria Enríquez, Iker Ranero, Uxía Folgueira, Antía Fernández, Aroa Castro, Daniel Aldeanueva, Zoe Otero, Martín González, Carla Pérez, David Villar, Nuria Iglesias e David Enríquez.
O club lucense tamén sumou numerosas medallas de prata grazas ás actuacións de Carla Pombo, Martina Arias, Gael Gayoso, Zeltia González, Ángela Buide, Mateo Aldeanueva, Andre Castro, Carmen Cendán, Adrián Liz, Jacobo Villar, Naiara Pérez, Raúl López, Noa Ulloa e Pedro Buide. Os bronces chegaron da man de Alma Tarrío, Martín Viñas, Vega Coto, Cristian Tarrío, Valentina López, Nayla Pin, Santiago Grandío, Candela Parzani, Alberto Ferreiro, María Cendán, Leo Aulkemeier, Mateo Prol, Álex Díaz, Pablo Cruz, César Mesquita, Elena Viñas e Martín Vázquez.
Pola súa banda, a Escola de Kárate Dajankai completou unha xornada de éxitos en Maceda, xa que os seus dez representantes lograron subir ao podio, sumando un total dun ouro, catro pratas e cinco bronces.
O único ouro de Dajankai foi para Xian Souto en kumite cadete -57 quilos. As catro pratas corresponderon a Lorena Román, Sergio González e Fix Lombardero, ademais dunha segunda prata para Lorena Román en kata alevín. Os bronces foron para Lucía Román, Iván Rey, Sebastián Pardo, Anastasia Pardo e novamente Lorena Román, xunto co logrado por Fix Lombardero en kata.
Dende a entidade destacaron a actitude e o comportamento dos seus deportistas, así como o traballo dos adestradores Jana González e Yerai Román, nunha competición que confirma o crecemento do kárate lucense. O Club Galaico tamén participou, finalizando o encontro cun ouro.




