O servizo, que se realiza dúas veces ao ano mediante un sistema porta a porta, permitirá retirar os residuos plásticos directamente nas explotacións que soliciten previamente a súa retirada. Esta iniciativa busca facilitar a xestión destes materiais, evitando desprazamentos aos titulares das explotacións.
As explotacións interesadas en utilizar este servizo deberán solicitar a recollida antes do 9 de decembro, ben de forma presencial nas oficinas municipais ou por teléfono chamando ao 982 135 011. Un camión percorrerá as explotacións que teñan solicitado o servizo durante os días establecidos.
Desde o Concello lémbrase que os plásticos deberán estar en puntos de fácil acceso, pregados e atados, e non poderán conter arames, terra nin area, para facilitar o traballo dos operarios e garantir a correcta carga.
Esta iniciativa totalmente gratuíta para os usuarios contribúe á correcta xestión dos residuos agrícolas e a manter limpas as explotacións e a contorna rural. O Concello anima aos interesados a solicitar o servizo dentro do prazo establecido.




