A intervención permitirá completar a reforma total desta vía, que conecta a parroquia de Ría de Abres co lugar de Trabadela. Os traballos consisten na renovación do pavimento mediante a aplicación de aglomerado en quente, co obxectivo de mellorar as condicións de circulación e seguridade viaria.
As obras inclúen unha primeira fase de limpeza das cunetas, seguida da aplicación dunha nova capa de aglomerado en quente ao longo de todo o trazado. Finalmente, realizarase o pintado da sinalización horizontal da estrada.
Esta actuación contribuirá a mellorar o estado do firme, favorecer unha circulación máis segura e facilitar os desprazamentos habituais da veciñanza. A execución destes traballos dará continuidade ás melloras realizadas anteriormente nesta vía.




