A Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo estudaron as opcións para optimizar o saneamento na localidade. A reunión, celebrada en Santiago de Compostela, centrouse en analizar os avances no estudo do saneamento de máis de 52 quilómetros de rede e as alternativas para a súa mellora.
O conselleiro lembrou ao rexedor que Augas de Galicia convoca anualmente varias liñas de axudas ás que o Concello de Ribadeo pode acollerse para financiar proxectos que incrementen a calidade do saneamento municipal.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, reitera o seu apoio técnico e económico aos concellos galegos para que poidan exercer as súas competencias en materia de saneamento, depuración e abastecemento de augas de xeito eficiente e prestar servizos de calidade á veciñanza.




