A decisión xudicial céntrase na entrada sen permiso e contra a vontade dos residentes nunha vivenda comunitaria de Vilaoudriz, onde convivían cinco persoas maiores. A maxistrada de Mondoñedo desestimou os delitos de falsidade documental e suborno, ao considerar que non se probaron os elementos de tipicidade penal necesarios para a súa imputación.
“"Os investigados chegaron a revolver entre a roupa e pertenzas dos usuarios da vivenda, entrando nas súas habitacións con abuso de poder."
Aínda que a letrada dos maiores, Verónica Díaz, argumentou que o abuso de autoridade estaba implícito no asalto, o xulgado descartou este cargo, recoñecendo que non houbo violencia física. Tamén se rexeitou o suborno, xa que non se demostrou que os funcionarios actuasen en beneficio propio, senón que realizaron a inspección ao entender que os maiores non renunciaran á axuda a domicilio para acudir a un servizo privado. A falsidade documental tampouco se probou, xa que non se sancionou aos maiores e o expediente foi arquivado.
A acusación particular, con todo, prevé manter a acusación polo delito de prevaricación. Este suposto non se tramita ante un tribunal de xurado, senón mediante un procedemento abreviado. A Audiencia Provincial de Lugo xa indicara previamente a existencia de indicios de varios delitos, excluído o de prevaricación da competencia do tribunal de xurado.
Unha vez concretadas as persoas investigadas e os presuntos delitos, o caso pasará á Audiencia, onde se designará e conformará un tribunal de xurado e se fixará a data para a celebración da vista oral.




