O contrato, cuxa licitación rolda os 250.000 euros, marca o inicio do procedemento para a urbanización do denominado SUD-R2, unha área de aproximadamente 7,6 hectáreas situada ao oeste da vila. Unha vez adxudicado, os adxudicatarios terán un prazo de tres meses para presentar o borrador do PIA e o documento necesario para a tramitación ambiental estratéxica.
O ámbito de actuación comprende parte da superficie delimitada pola Avenida da Ría de Ribadeo, a N-642 e a Pista Reverte-Vilar. Esta iniciativa forma parte da Estratexia de solo residencial que a Xunta de Galicia está a executar co obxectivo de desenvolver solo para un total de 25.000 vivendas, das cales 20.000 serán de protección oficial.




