Durante a súa intervención no pleno celebrado no Concello de Ribadeo, Santalices referiuse ao expresidente do Goberno como “un home de Estado nun tempo decisivo”, subliñando a súa contribución á democracia española.
“"A memoria de figuras como Leopoldo Calvo-Sotelo contribúe a fortalecer a nosa democracia e transmitir ás novas xeracións o valor do compromiso público."
Ademais, o presidente do Parlamento galego lembrou a estreita relación entre a traxectoria política de Calvo-Sotelo e o proceso de construción do autogoberno de Galicia, que culminou coa aprobación do Estatuto de Autonomía.




