A localidade de Ribadeo festexou onte o centenario dunha das súas veciñas, Mercedes Corbelle Tella. O Concello quixo renderlle unha homenaxe especial, recibíndoa no salón de alcaldes.
O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, foron os encargados de felicitar persoalmente á nova centenaria. Durante o encontro, entregáronlle un fermoso ramo de flores como símbolo de recoñecemento.
“"Poder vivir estes momentos coa xente e felicitar a unha nova centenaria no noso concello é algo moi bonito de ser concelleira."
“"Seguiremos celebrando e conmemorando a todos e todas as ribadenses que vaian cumprindo 100 anos, poñendo en valor a importancia de recoñecer ás persoas maiores como parte fundamental da historia e da identidade de Ribadeo. Son encontros e momentos de celebración, gratitude e homenaxe á vida."
Este tipo de actos subliñan o valor de honrar ás persoas maiores, recoñecéndoas como piares da historia e da identidade local de Ribadeo.




